Contos de contrabando

Avelino González trae este xoves ao Museo do Humor os seus Contos de Contrabando.
30 de Outubro, 2019 - 10:23 h. | Publicada por Radio Fene

O actor Avelino González inaugura o ciclo de monólogos “Novembro, Mes do Humor” A función comeza ás 20 horas con entrada de balde previa retirada de convite o mesmo xoves dende as 18,30 h.

O actor, contador, monologuista e tradutor Avelino González inaugurará este xoves 31 de outubro o ciclo “Novembro, Mes do Humor” que organiza a Concellería de Cultura fenesa co apoio da Deputación a través da Rede Cultural. A partir das 20 horas, Avelino González traerá ao Museo do Humor os seus "Contos de Contrabando". A entrada é de balde ata completar aforo, previa retirada de convite –máximo de dous por persoa- o mesmo xoves a partir das 18,30 horas.

O contrabando é unha actividade que se desenvolve á marxe da lei. Ás veces é un delito outras un medio de subsistencia. Este último é o protagonista deste espectáculo. Son historias de trampas, trucos e retruques para ir tirando, para tentar ser felices, para evitar problemas indisolubles. A risa e o amor son armas moi usadas. Non sempre infalibles!

Avelino González.

Non hai medio que se lle resista e, no teatro, interpreta na actualidade a “Briguella” na “Commedia” de Contraproducións, dirixido por Cándido Pazó. Na televisión, vén de facer de “César” en Serramoura (e previamente participou en populares series da TVG como Pazo de Familia, Pratos Combinados, Mareas Vivas, As Leis de Celavella, Padre Casares... ou de TVE como “Seis Hermanas” e “Cuéntame”). Así mesmo, participou en películas como “Heroína" ou series web como “Dalle Jas”, “Volta ó Rural” e “Clases de lo Social”.

Cultura

Publica o teu comentario agora