Contos de Paula Carballeira

Contos de Paula Carballeira
03 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Paula Carballeira falará en Maniños o venres 13 de xuño ás sete da tarde. Abrirá as II Xornadas Literarias organizadas polo Concello de Fene coa colaboración da asociación O Pote e AETNA. Ese mesmo dia presentaranse os libros “Detective Ferruchi” de Marta Villar e “O clan das Barbies” de Antía Yañez. Haberá unha feira do libro con vintecatro escritores e escritoras da comarca asinando e vendendo exemplares.

Fotografia Xan Xe

A hora de facer libros ou de inventar relatos, Paula Carballeira bebe de moitas fontes. O que lle conta a rapazada nos colexios. Tamén os relatos que lle transmitiron as mulleres da súa familia.  O Concello de Fene organiza as II Xornadas Literarias contando coa colaboración da asociación O Pote, AETNA e a asociación de escritores de Ferrolterra.  Venres 13, con Paula Carballeira. Haberá feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.

Maniños

Paula Carballeira naceu en Maniños (Fene) comezou a súa relación coa literatura en Radio Fene e no colexio O Ramo de Barallobre. Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais. Participou en diversos programas da TVG en películas e obras de teatro. Forma parte do grupo Berro bambán e recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra "As alumnas".  A biblioteca do Colexio Os Casais leva o seu nome. 

 

Imaxe Paula Carballeira en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora