Contos galegos en Berlín

Contos galegos en Berlín
21 de Setembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A obra Cando petan na porta pola noite de Xabier Docampo foi seleccionada entre os libros extraordinarios do Festival Internacional de Literatura de Berlín 2022. Este evento destacou o libro de contos como unha obra excepcional que deberían ler tódolos nenos, nenas e adolescentes trala proposta da escritora Paula Carballeira.

 

“As persoas convidadas a este festival pedíronnos que recomendaramos un libro que para nós tivese un significado especial e que fose importante para os lectores infantís e xuvenís porque era a sección na que eu participaba. Vin as nominacións anteriores, vin que estaban representadas moitísimas persoas relevantes da literatura infantil e xuvenil do mundo e faltaban alguén galego. Nunca cadrara que fose alguén de aquí, e como este ano me tocou a min, pensei neste libro de Xabier Docampo tan especial para min. Paréceme un libro ideal para o público xuvenil e no que tamén poden descubrir a nosa cultura, a nosa tradición e a nosa lingua a través das palabras dun autor como Xabier que non sabe só de tradicións senón que tamén sabe escribir moi ben. Por iso recomendei Cando petan na porta pola noite. A miña sorpresa foi que ao chegar alí estaba destacado como un dos libros internacionais na exposición”, explica Paula Carballeira. A escritora fenesa estará este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora