Contos na recámara

Contos na recámara
12 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Retratos en branco e negro é o título do novo libro de Charo Pita publicado pola Editorial Galaxia. “Tiña na recámara unha serie de ideas e de contos para adultos e decidín darlles saída”, afirma a autora desta obra.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/140722PITA.mp3

Fotografía: Xan Xe Corral

Son catorce contos dirixidos ao público adulto onde o extraordinario e o cotián van dan man. Os retratos fantasmais, a fotografía e a palabra, o branco e o negro fusiónanse no último libro de Charo Pita para construíren realidades que, dalgún xeito, acaban apuntando á nosa. “Gústame atopar ese camiño polo cal o argumento do conto vai facendo os seus meandros. Para min son moi importantes os finais dos contos. Deben ser moi potentes e ser quen de darlle unha nova mirada ao que se contou”, desvela Charo Pita.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora