Contra a celulosa en Palas

Contra a celulosa en Palas
26 de Maio, 2024 - 09:33 h. | Publicada por Radio Arzúa

Máis de 20.000 persoas, segundo os organizadores, participaron este mediodia en Palas de Rei contra o proxecto de celulosa que pretenden instalar na localidade Altri e Greenalia. Insistiron na importanca medioambiental da zona e a necesidade de protección. O grupo promotor da factoría recoñeceu a súa dependencia das axudas institucionais solicitadas.

Fonte: Galicia Confidencial

A celulosa extraerá 48 millóns de auga ao día do río Ulla e devolverá uns 30 millóns de volta a unha temperatura diferente. A cheminea da fábrica contará con 75 metros de altura e liberará á atmóstera, xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado. Chegarán a necesitar 2,4 millóns de toneladas de eucalipto e promoverá a ampliación das zonas desta árbore que aumenta o perigo e a virulencia dos incendios forestais. Teñen solicitado 250 millóns de euros aos fondos Next Generation, segundo indica Greenpeace.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora