Contra a crise climática.

Contra a crise climática.
26 de Xuño, 2025 - 03:23 h. | Publicada por Radio Fene

Narón acollerá unha xornada lúdico-educativa organizada pola Asociación Cultural Os Picos do Sol en colaboración con Amnistía Internacional. Este domingo de doce da mañá á tres da tarde.

A xornada terá lugar na Praza da Lectura, nas inmediacións das Vivendas da Mariña de Narón. O obxectivo principal é concienciar sobre a loita contra a crise climática, utilizando como ferramentas as cociñas solares, a compostaxe e a divulgación no uso das distintas enerxías solares. Contarán con distintos xogos, circo, obradoiros, Ubuntu (como é característico en moitas das actividades da Asociación cultural Os Picos do Sol)... para aprender da mellor forma posible, xogando e pasándoo ben (ben sexa ti só ou en compañía da rapazada). A maiores de todo isto poderemos degustar liscos, chourizos e pisto entre outras delicias preparadas nas cociñas solares da Asociación. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora