ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A creación de solo industrial e a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal son os dous obxectivos que se marca a nova directiva da Asociación de Empresarios de Redondela. O pasado sábado José Antonio Gómez volvía ser reelexido como presidente do colectivo empresarial. Gómez, quen leva xa oito anos ao fronte da asociación, estará acompañado durante os vindeiros catro por Juan Rodríguez Rivas como Vicepresidente
Bótase en falta a presencia feminina xa que non hai ningunha muller na directiva. Gómez entende que o motivo habería que buscalo en que“a maior parte das mulleres empresarias desenvolven a súa actividade no comercio, un dos sectores que máis se está a ver afectado pola crise, o que lles obriga a centrar todos os seus esforzos nos seus negocios”.Lembrou ademais que un dos xeitos de afrontala crise é coa creación de empresas para o cal é necesario contar con solo industrial e cun plan xeral de urbanismo, dous proxectos que está sendo adiados dende os diferentes ámbitos da administración.