ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os obradoiros celebraranse en xaneiro e febreiro, baixo o título “Desenrédate!. Prevención de adiccións e bo uso das TIC”. Abordaranse contidos como diferenciar entre uso, abuso e adicción ás TIC; identificar as ameazas e riscos e aprender a previlos ou o acoso nas redes.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade vén de poñer en marcha nos centros educativos de Fene unha serie de obradoiros para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías baixo o título “Desenrédate! Prevención de adiccións e bo uso das TIC”. Comezaron este mes de xaneiro e prolongaranse ata febreiro. En concreto, os centros educativos acollidos ao programa son o CPI Xunqueira (11 e 18 de xaneiro e 1 de febreiro); CEIP Centieiras (23 de xaneiro e 6 de febreiro); Jorge Juan (24 e 31 de xaneiro); IES Fene (8 de febreiro) e CEIP O Ramo (12 de febreiro).
Como complemento das sesións co alumnado tamén están previstas sesións para as familias naqueles centros escolares nos que exista demanda e se reúna un grupo superior ás dez persoas. O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na a ctualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude. Utilizadas adecuadamente representan unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr.
A través destes obradoiros, trátase de informar e formar ao alumnado no uso sensato e responsable das redes. Os obradoiros están dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Secundaria e con eles búscase proporcionar ao alumnado entornos de uso saudable e boas prácticas en TIC; fomentar a identificación, prevención e control dos riscos e situacións de acoso nas redes; a elaboración dunha guía didáctica en soporte dixital dirixida á prevención de adiccións ás TICs; promover accións informativas e formativas en colaboración coas ANPAS e proporcionar pautas educativas de uso saudable e responsable das TICs. Para iso, abordaranse contidos como diferenciar entre uso, abuso e adicción ás TIC; identificar as ameazas e riscos e aprender a previlos; o acoso nas redes; a violencia de xénero a través das TIC, e as boas prácticas. Os obradoiros inclúense no programa Saúde na Escola que impulsa o Concello de Fene xunto aos de Mugardos e Neda coa colaboración da Consellería de Sanidade.
Publica o teu comentario agora