Contra o cancro

Contra o cancro
05 de Maio, 2023 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

Cancro, comunicación e exercicio físico. Son aspectos analizados nunha charla que celebrou, na Casa da Cultura de Fene, a asociación oncohematolóxica Por+Vida. Participaron como poñentes a doutora Laura de Paz, xefa de Oncoloxía do CHUF, e o licenciado en Educación Física e Psicoloxía José Barcia.

 

ESCOITA O PODCAST:

A comunicación cos doentes de cancro é importantísima e hai que saber xestionala ben. “Hai que adaptar a información ao que o doente quere, sen paternalismos”, sostén a doutora de Paz. “O doente é quen ten dereito de marcar os límites”, asegura. Pola súa parte, José Barcia lembrou que a práctica de exercicio físico está recomendada para todas as persoas, tamén para os doentes de cancro. Iso si, adaptado ás posibilidades de cada enfermo.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora