ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Vítimas das estratexias do mercado. As industrias fan negocio tentándonos con alimentos ultra procesados para engordar e fármacos para adelgazar. Falamos do tema co psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

“O medicamento é un complemento, non a solución”. Destaca Barcia Tuccelli que é un erro pensar que medicamentos como o famoso Ozempic son a solución aos problemas de obesidade e sobrepeso. “Un medicamento pode ser unha axuda, pero temos que poñer o foco en que debemos cambiar os hábitos alimentarios, movernos e traballar na xestión emocional, se imos directamente ao medicamento imos ter un consumo crónico”, advertiu. O colaborador de Radio Fene lembrou que “o obxectivo é ter saúde para ter unha boa calidade de vida”.
Publica o teu comentario agora