Contra o vento

Contra vento
17 de Febreiro, 2020 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Narahío 2- Perlío 2 leva aos dos Pinares á segunda posición na táboa, empatado a puntos co Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

“Non soubemos xogar” repite impotente o técnico do Perlío, Chechu Piñeiro, tras o empate en Narahío. Un encontro marcado polo vento, que xogou contra o Perlío na primeira metade e a favor na segunda. Na primeira parte o Perlío tivo ocasións claras e adiantouse no marcador pero unha xogada envenenada troixo o empate a uns antes do descanso.

Na segunda parte, co vento a favor, “non soubemos xogar” nin creamos perigo, láiase o técnico dos Pinares. Pero chegou o gol de Xavi tras unha xogada combinativa. Quedaban 15 minutos e non souberon xestionalos, en palabras de Piñeiro, quen ve como no tempo de desconto o Narahío marca a raiz dun corner, non lle pitan unha falta contra Rafa e vale o gol do empate. “Teño que analizar eses últimos minutos que non soupemos xestionar” apunta Chechu Piñeiro a quen o punto sabe a pouco. O Perlío está segundo, empatado a puntos (22) co Cultural Maniños, pero aínda queda moito.

“Non hai partidos sinxelos” afirma o técnico fenés diante do próximo enfrentamento co Cariño, dentro de quince dias. Do Cariño non teñen referencias porque na anterior temporada xogaba noutro grupo, pero confían en sacar os tres puntos. A próxima fin de semana hai descanso na liga, pero o Perlío enfróntase ao Narón en competición de copa.

Deportes

Publica o teu comentario agora