ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Contra o vento, as xogadoras do Perlío controlaron a segunda metade do encontro que acabou en goleada.
O Perlío feminino estan cuartas con 22 puntos, a tres do Maniños. Na próxima xornada o Perlío visita no campo Bernardino Breijo ao Cebarca, un equipo moi peleón e co punto forte na portería e no campo de herba natural.
O vento foi o protagonista no encontro celebrado nos Pinares o domingo pasado. O vento e as imprecisións influíron nas xogadoras do Perlío na primeira metade do encontro ao que se chegou con empate a uns. Na segunda metade o Perlío fíxose co control e chegaron os catro tantos restantes. Tres goles foron obra de Cristina (leva 11 marcados) completando o resultado final, Rosa e Marta.
O próximo encontro fronte ao Cebarca xogarase o sabado 8 de decembro ás 12:00 horas.
Publica o teu comentario agora