Contra os crimes machistas

Contra os crimes machistas
01 de Decembro, 2022 - 02:28 h. | Publicada por Radio Fene

Concentración en Fene en repulsa polo asasinato da galega Cristina Cabo Buján. Tivo lugar ás doce do mediodía diante da Casa do Concello

 

ESCOITA O PODCAST:

Fene sumouse ás mostras de condena deste crime machista sucedido a pasada fin de semana en Lugo. Na concentración gardouse un minuto de silencio. O alcalde, Juventino Trigo, condenou este novo asasinato dunha muller e apostou pola educación dado que as políticas contra a violencia machista non son quen de acabar con esta lacra. Tamén a concelleira de Benestar e Igualdade, Mari Carmen Martínez, condenou o crime de Cristina Cabo e destacou a frustración que causa o goteo continuo de violencia e agresións a mulleres. Ademais, a concelleira, en declaracións a Radio Fene, coincidiu coa ministra de Igualdade, Irene Montero, en denunciar a campaña do 25N da Xunta por poñer o foco nas vítimas no lugar de nos agresores. Martínez dixo que o menos que debera facer a Xunta era retirar a campaña e pedir desculpas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora