ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A denuncia da crecente pobreza marcou hoxe as manifestacións do primeiro de maio en Galicia. As protestas sindicais coincidiron en criticar os anuncios propagandísticos da saida da crise cando o número de desempregados e a temporalidade continuan a medrar.
Milleiros de persoas manifestáronse este xoves en distintas cidades galegas --convocadas por separado polos sindicatos CC.OO. e UXT e CIG-- para reclamar máis emprego e de mellor calidade con motivo da celebración do Primeiro de Maio.
En Vigo tiveron lugar as manifestacións centrais dos sindicatos, como é o caso da convocada por CC.OO. e UXT para reclamar "traballo digno" e un cambio nas actuais políticas do Goberno, ao que piden "menos propaganda e máis investimento público produtiva".
A manifestación, con miles de persoas, contou coa presenza dos responsables en Galicia de ambos os sindicatos, así como con diversos cargos políticos, entre os que se atopaban os socialistas José Ramón Gómez Besteiro e José Blanco e a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz.
O secretario xeral de CC.OO., Xosé Manuel Sánchez Aguión, sinalou que este primeiro de maio "debe ser moi reivindicativo", polo "retroceso de décadas" que propicia o PP coas súas medidas e o "austericidio".
Pola súa banda, o secretario xeral de UXT, José Antonio Gómez, subliñou que "é o momento de que os gobernos reflexionen" tras constatarse que as actuais políticas económicas "non só non axudaron a crear emprego senón que tampouco conseguiron reducir o déficit".
CIG
A CIG tamén mobilizou este xoves en Vigo a miles de persoas, que se manifestaron polas rúas da cidade para pedir un "cambio no modelo" económico e social, e alertaron contra os "delincuentes" que rescatan á banca, mentres "desmantelan" os servizos públicos.
Ao final da marcha, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, lembrou que a CIG presentou unha querela contra os directivos das caixas pola "estafa" das preferentes, e advertiu de que "non son os únicos delincuentes económicos que hai que levar ao xulgado".
"Seica non é un roubo o que fai o PP?", preguntou, e engadiu, en referencia aos presidentes da Xunta e do Goberno central, que "eles son os delincuentes que tiñan que sentar no banco".
Seixo acusou ao presidente galego de "mentir e manipular" para "ocultar a realidade tan dura" que viven miles de persoas en Galicia, e esixiu a dimisión de Feijóo porque "non serve para gobernar". Ademais, fixo un chamamento aos cidadáns para que apoien, o próximo 25 de maio, ao nacionalismo galego, porque "só así Galicia estará no parlamento europeo".