Contra prognóstico

Contra prognóstico
10 de Xuño, 2024 - 01:04 h. | Publicada por Radio Fene

A Fene Fashion Night puido cos prognósticos de mal tempo. O evento organizado pola Asociación de comerciantes O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene logrou atraer a numeroso público ao longo de toda a tarde noite do sábado. A choiva non fixo acto de presencia.

Fotografía Carlos Sardiña

Actuaron Os Alcántara, As Treboeiras de Canido, La Indirigible e Superglú. As Academias May Dance e Fusion Dance realizaron exhibicións de baile. Máis de 25 establecementos ofreceron grandes promocións. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora