ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Sen carné e a máis do dobre da velocidade permitida. Así circulaba pola autoestrada ao seu paso polo termo municipal de Neda un condutor ao que investiga a Garda Civil. Sorprendérono nun control de Tráfico con radar móbil.

Circulaba a 219 quilómetros pola autoestrada, no punto quilométrico 33,300, onde a velocidade está limitada a 100 quilómetros por hora. Os feitos ocorreron o pasado 31 de maio, pouco despois das dez e media da noite. Por se fora pouco, os axentes comprobaron que o condutor, un home de 45 anos, carecía de permiso de conducir válido ao perder a vixencia do mesmo de xeito definitivo. Agora acúsano de dous delitos contra a seguridade viaria. As dilixencias instruídas por estes feitos foron remitidas pola Garda Civil ao Tribunal de Instancia de Garda de Ferrol.
Publica o teu comentario agora