ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A guerra civil comezou cun golpe de estado dunha parte do Exército contra un goberno elixido pola cidadanía, contra un réxime democrático como era a Segunda República. "O revisionismo vai en contra da verdade histórica, cunha “teoria do empate” igualando as responsabilidades dos dous bandos da guerra civil" afirma o profesor de Historia Contemporánea de Universidade de León Javier Rodriguez.
Uns eran golpistas e outros demócratas. Ademáis, desde o ano 1939 ata 1975 só hai un estado, que é a ditadura, só existe a súa represión. En sectores da extrema dereita de España, pero tamén en Hungría e Alemania, hai un revisionismo histórico, un negacionismo sobre o caracter antidemocrático e cruel das ditaduras. O profesor universitario reclama unha actualización da Lei de Segredos Oficiais, que data de 1968. Javier Rodríguez participa no grupo de investigación Hismecon que desenvolve un programa para o inventario das fortificacións utilizadas durante a guerra civil en León. Tamén impulsa unha base de datos coas persoas represaliadas na provincia de León polo réxime saído do golpe de estado de xullo de 1936.
Publica o teu comentario agora