ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Condena do asasinato de Ana Vanesa Serén, nova vítima da violencia machista. O Concello de Fene convocou unha concentración ás doce do mediodía en sinal de repulsa polo asasinato desta muller de 44 anos na localidade pontevedresa de Oia. Matouna cando saía do traballo a súa exparella, un garda civil que tiña orde de aloxamento.
O alcalde en funcións, Juventino Trigo, incidiu na necesidade de traballar na educación para erradicar comportamentos machistas. A concelleira de Benestar e Igualdade en funcións, Mari Carmen Martinez, chamou a atención sobre o feito de que houbo 56 intervencións da Garda Civil neste caso desde que a muller denunciara ao seu asasino no mes de abril. Tamén a Marcha Mundial das Mulleres convocan concentracións contra o feminicidio de Oia este luns. En Ferrol terá lugar ás oito da tarde, na Praza de Armas.
Imaxe: Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora