A Contrabutaca estrea “Frantasmas”, unha comedia irreverente a base de gags

A Contrabutaca estrea “Frantasmas”, unha comedia irreverente a base de gags

03 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a particular cámara dos horrores da nova montaxe de Producións A Contrabutaca. Frantasmas, que así se chama a peza, estréase ás seis e media desta tarde no Auditorio Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de Vigo. Con entrada de balde, a obra, recomendada para maiores de 14 anos, preséntase “como un novo xeito de e

Fran Campos, Fran Rei e Fran Ameixeiras conforman o elenco desta historia, que narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estraña maldición familiar. Condena que semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria, Lady Margarett, que é asasinada. Por este motivo, o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.

Ciumes, traizóns, vinganzas, luxuria, amor e morte mistúranse en Frantasmas, unha obra na que “a historia apenas ten peso, xa que este recae nos gags, nas escenas a modo de sketches”, en palabras de Lueiro.

O director apunta tamén que “o público é algo máis que un espectador”, é un colaborador necesario que se mete na pel dun personaxe para axudar a esclarecer o misterio.

Na obra destaca tamén a espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos

Ademais desta tarde en Vigo, este venres 5 poderemos volver gozar con Frantasmas no Auditorio Noela de Noia ás nove da noite.

Cultura