A controvertida Reválida de 6º

A controvertida Reválida de 6º

11 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aproximadamente un 40% do alumnado de Sexto de primaria dos centros públicos de Fene realizaron esta mañá as primeiras probas da Reválida. A resposta á convocatoria das Anpas para que os pais non mandasen aos alumnos-as aos centros, foi moi diferente. A incertidume que se vivía antes das 9 da mañá nos centros escolares de primaria, hora de empezo da Reválida para os cursos de 6º, quedou despexada co empezo das probas. As Anpas tiñan

No colexio O Ramo de Barallobre presentáronse todos, os sete alumnos de sexto. Pola contra nos Casais de Maniños non se presentou ningún dos nove que cursan sexto, á reválida. O comportamento no colexio Centieiras de Perlío foi máis plural acudindo o 30% do alumnado aos exames. De trece alumnos que cursan sexto no centro de Perlío só catro se presentaron ás probas. O director Antón Pena, respondía a radio Fene esta mañá que as faltas non terán repercusión algunha.

No Centieiras de Perlío, mentres desempaquetaban os exames enviados pola Consellería de Educación minutos antes das nove, tiñan a impresión de que serían poucos os pais e nais os que manden aos rapaces a examinarse. Polo menos así parecía nas reunións previas que mantivo a dirección do centro cos pais e nais, aos que se lles informou tamén por escrito sobre este tema. O colexio A Xunqueira de San Valentín non desvelou o dato de participación, alegando que a Inspección deu orde de non facilitalo.

Non se produciu ningún incidente e as probas de Lingua Castelá e Matemáticas se foron sucedendo alí onde houbo examinandos. Os mesmos mestres dos centros deben custodiar as probas, aínda que o requisito é que non sexan profesores de sexto e non teñan relación cos rapaces que se examinan. As probas prolongaranse ata o venres. Hoxe o exame consistíu nunha proba de 60 minutos de Castelán e outra hora de Matemáticas. Mañá toca Língua Galega e Ciencias e Tecnoloxía e o venres Inglés.

A federación de Anpas de Ferrolterra rexeita a Lomce e en particular as reválidas por "clasistas e inútiles" Non melloran o sistema educativo e a avaliación contínua dos mestres do centro é o único sistema que se debe utilizar. As anpas chamaron a non enviar os nenos e nenas a clase e que non fagan as probas.
 

Sociedade