ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As herdanzas rompen moitas familias. O Dereito é a ferramenta que nos damos para tratar de poñer orde na sociedade. Do Dereito sucesorio e as súas peculiaridades en Galicia falou en Radio Fene a asesora xurídica dos Servizos Sociais do Concello, a avogada Susana Martínez Galdós.

“Facer testamento”, recomenda a letrada Susana Martínez Galdós, tamén ás persoas mozas. “Non hai que ter medo, dá igual que teñas máis ou menos cartos, calquera familia pode ter problemas, canto máis claras deixemos dita a nosa vontade menos risco haberá de enfrontamentos futuros da nosa familia”. Comentou tamén a posibilidade de repartir a herdanza en vida. Os pactos sucesorios deben poñerse por escrito, “sempre hai que ir ao notario”. En canto á tributación, o pacto sucesorio liquídase por imposto de sucesión, por herdeiro ata 1 millón de euros está exento en Galicia, explicou a avogada dos Servizos Sociais de Fene.
Publica o teu comentario agora