Convócanse as axudas do cheque infantil para prazas escolares de 0 a 3 anos

Convócanse as axudas do cheque infantil para prazas escolares de 0 a 3 anos

22 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta subvencionará até 1.200 prazas en escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos en centros que non son de carácter público. Así consta na orde de axudas para o vindeiro curso escolar que publica nesta xornada o Diario Oficial de Galicia e pola que se investirán máis de millón e medio de euros. O número de beneficiarios sería semellante ao da última convocatoria, malia que a cifra variar&a

Os destinatarios deste programa de axudas son aqueles nais e pais que solicitaron praza nunha escola pública sen lograla, sempre que exercesen a opción polo cheque infantil no procedemento de solicitude das devanditas prazas. Tamén se poden acoller á subvención ás persoas que teñen ao cargo a un meniño de 0 a 3 de idade en localidades nas que non hai escolas infantís sostidas con fondos públicos. En todos os casos, terán preferencias as familias que xa recibiran a axuda durante o curso pasado co obxecto de “dar continuidade ás prazas xa aduxicadas”. A Consellaría de Traballo e Benestar garante ademais que todas as unidades que recibiran o cheque infantil o pasado curso seguirán gozando del sempre que cumpran os requisitos.

A Xunta afirma que no mes de setembro, coincidindo co inicio do novo curso educativo, haberá dispoñibles máis de 7.500 prazas de infantil baixo a titularidade do Goberno, un dez por cento máis que hai un ano. Ao engadírselle os centros concertados e que reciben achegas públicas, a cifra supera as 16.000 prazas.

Sociedade