Conversas inéditas

Conversas inéditas
16 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O 10 de abril de 2008, cando contaba xa con 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo. Conversas con Paco del Riego é o resultado.

Neste libro, sobre o que falaremos o vindeiro venres no clube de lectura de Radiofusión, descubrimos a un Paco del Riego que humaniza a cultura galega e fala das persoas que están detrás de escritores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín ou Uxío Novoneyra. “Igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective”, afirma Manuel Rivas sobre o xornalista e autor desta obra de conversas inéditas, Perfecto Conde.



Fotografía Xan Xe

Na imaxe, o xornalista Perfecto Conde en Radio Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora