Convertir un profesor nun profesor excelente

Convertir un profesor nun profesor excelente

08 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un emotivo acto na Liga de Amigos de Barallobre serviu como homenaxe do movemento asociativo e do profesorado do instituto a Alexandre Ripoll Anta, xubilado este curso despois de trinta anos de docencia. Asistiu e interviu o deputado Francisco Jorquera quen cursou estudos no Instituto Zalaeta da Coruña, centro no que Ripoll fixo as prácticas en 1979. Naquel ano Ripoll xa apoiou a causa da lingua galega nun conflicto pola utilización do noso idioma.

As persoas asistentes ao acto agradeceron ao profesor as súas numerosas colaboracións desinteresadas coas asociacións e entidades do municipio. Qué fai que un profesor se convirta nun profesor excelente? As respostas a esa pregunta posiblemente se atopen na traxectoria pedagóxica de Ripoll Anta, segundo asegurou un dos participantes no acto.

Sociedade