ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Esta fin de semana hai en Fene múltiples oportunidades de probar as castañas asadas. Preséntanse acompañadas de variados compangos. O magosto en Maniños incluirá degustación de castañas asadas e liscos na asociación O Pote. A partir das oito e media da tarde de mañá venres. A Liga de Amigos de Barallobre celebra o seu magosto este sábado. As actividades comezarán cun obradoiro de cabazas e xogos de mesa para a rapazada ás once da mañá. Presentación do grupo de canto da entidade. Degustación de castañas asadas e liscos a partir das sete e media da tarde. Na Liga de Amigos de Barallobre. Tamén este sábado magosto e degustación de carne de poldro no local da Asociación Veciñal de Magalofes. As entidades cidadáns de Fene esméranse para ofrecer á cidadanía este xeito de celebrar unha das festas máis tradicionais de Galicia.
Tipos de castañas
As primeiras castañas son as migueliñas. Débense cocer unha vez limpas porque logo lles entra o verme. A verdella, coñecida como a de gardar , é boa para asar. As larudas coñécense polos seus ourizos con espiñas finas, longas e mestas. Son boas para asar. As zapatudas, ourizos con espiñas curtiñas, pican pouco e son grandes, sabedoras para cocer e para asar. As luguesas negras son moi boas para cocer. As luguesas rubias, castañas clariñas que se poden asar. As luguesas do pais, se saen boas son preciosas, pero con moito verme, segundo sinala o mestre Secundino Garcia Mera, no seu traballo sobre as castañas, publicado no número de 2012 da revista “O Retorno” do Museo Etnográfico da Capela.
Na imaxe, magosto celebrado no centro ocupacional de Aspaneps en Fene. 2018
Publica o teu comentario agora