Convivir coas emocións

Convivir coas emocións
02 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender estratexias para educar e compartir experiencias con outras persoas. Familias de Fene, Neda e Mugardos asisten ao ciclo o Reto de Educar que se desenvolve os luns, pola tarde, na Casa da Cultura de Fene. Conversamos coa pedagoga municipal María Xosé Paz e unha nai que asiste ás sesións, Belén Martínez, en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

Belén ten unha nena de dez anos, Oliana, e participa nas sesións para aprender e porque quere mellorar a relación coa filla. Anima ás familias a participar nas sesións, que se celebran os luns, ás seis da tarde na Casa da Cultura de Fene. “Convivir coas emocións”. É o tema da sesión prevista para o vindeiro luns, dia 4 de decembro. Estará a cargo da profesional Anabel Mosquera que estimulará ás familias asistentes a reflexionar sobre a importancia das emocións na vida das persoas e a desenvolver estratexias para acompañar ás crianzas na súa educación. Para “quitar medos”, dí a pedagoga municipal María Xosé Paz. E tamén reflexionar porque moitas veces nenos e nenas son o espello que reflicte o que pais e nais fan e din. Haberá un espazo de conciliación para que poidan acudir aquelas familias que non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas.

Institucional

Publica o teu comentario agora