Convivir con gatos

Convivir con gatos
11 de Marzo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Aprendemos con Noemí Graña a darlles unha vida mellor aos gatos que conviven coa familia. Esta semana, a veterinaria e etóloga contounos en Radio Animal como elixir rañadores, onde hai que colocalos, as características que deben ter as camas e lugares de descanso. Tamén falamos da preferencia dos gatos polas alturas, dos areeiros e dos xoguetes preferidos 

ESCOITA O PODCAST:

Cada gato é un mundo. Por iso algúns prefiren rañadores verticais, pero a outros gústanlles horizontais. E o rañador é importante para o confort do gato. “De inicio hai que ter dous, e ver cal usa máis”, aconsella Noemí Graña. “Se está ben colocado reducimos moito a posibilidade de que rañe no sofá, as veces poñermos o rañador onde non nos molesta e iso non serve”, advirte. E só un exemplo das necesidades dos gatos que conviven no noso fogar. 

Cubrir os recursos mínimos, ofrecerlle lugares seguros, tamén a posibilidade de xogar e que os xogos estean relacionados coa caza, que as interaccións cos donos sexan positivas e predecibles e un entorno respectuoso co seu sentido do olfacto. Estes son os cinco piares do enriquecemento animal. Importantes para darlle seguridade, confort e unha vida feliz aos gatos que conviven coa familia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora