ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca un total de 201 prazas por concurso oposición para un total de 11 categorías de diplomados e técnicos sanitarios, a maioría das cales será para auxiliares de enfermaría, con 12. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria para a provisión destas 201 prazas de persoal estatutario do Sergas, despois de que as bases do proceso fosen negociadas e aprobadas en Mesa Sectorial. O
Das 201 prazas, un total de 87 serán de acceso libre, mentres 102 son de promoción interna. Ademais resérvanse 12 para persoas con discapacidade. Segundo informa a Xunta nun comunicado, este proceso que se realiza en cumprimento dos decretos de oferta pública de emprego dos anos 2014 e 2015 inclúe novidades como a incorporación dos medios electrónicos e telemáticos para as diversas fases de tramitación do proceso como a formalización da solicitude de inscrición ou o rexistro de requisitos e méritos de partición a través do Expediente electrónico. Ademais, o proceso inclúe a valoración de novos aspectos curriculares profesionais como a docencia universitaria impartida nas categorías de nivel diploma ou o apartado de comunicacións en congresos para as categorías de técnico.
Novo Hospital de Vigo
O novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, abriu este luns as súas portas aos primeiros 65 pacientes, das áreas de Nefroloxía, Hemodiálise, Preanestesia e Unidade da Dor, coa presenza duns 70 profesionais asistenciais, ademais de traballadores doutros servizos (admisión, informática,...) e operadores da propia concesionaria. Segundo o xerente da instalación, Félix Rubial, a xornada desenvolveuse sen incidentes. A próxima semana incorporaranse ao Álvaro Cunqueiro as consultas de Neuroloxía, Otorrinolaringoloxía, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría. Así, nas próximas semanas completarase o traslado do resto de servizos, até completar o proceso, o próximo 4 de setembro.