ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O fiscal superior de Galicia Carlos Varela reclamou máis recursos especializados para combater a corrupción con prevención. Fixoo nunha charla en Vigo que serviu como presentación da plataforma SOS Xustiza, unha entidade que convoca movilizacións contra as taxas xudiciais para o vindeiro mércores dia 20
Dende que a crise botou a andar e tras ela chegaron as políticas de recortes nos servizos públicos, agromaron unha manchea de asociacións cidadás creadas co propósito de defender as conquistas sociais e o Estado do benestar. Piden o mantemento da educación ou da sanidade públicas e piden sobre todo xustiza cando as administracións aplican supostos remedios contra crise. Mais que acontece se a propia xustiza tamén está ameazada polas mesmas tesoiras? Pois que ao igual que acontece noutros sectores, ela tamén ten que pedir auxilio. Así naceu a plataforma SOS Xustiza, un colectivo cidadán no que figuran todo tipo de profesionais e persoas vinculadas ao ámbito legal e da administración e que dende Vigo comezan a xuntar apoios para frear as reformas que o propio Ministerio de Xustiza está a levar adiante e que, alertan, afectan non só a eles, senón ao conxunto da sociedade.