ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O BOP de hoxe recolle a publicación das bases do proceso de selección mediante o sistema de provisión por concurso de tres postos de cabo de bombeiros no Concello de Ferrol. Estes postos están encadrados na Escala da Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais,clase de Extinción de incendios e Salvamento, pertencentes ao grupo de clasificación C, subgrupo C2.

As retribucións serán as correspondentes ao grupo de clasificación de
funcionarios, grupo C, subgrupo C-2, e as retribucións complementarias as
previstas para o posto de cabo de bombeiros na actual Relación de Postos de
Traballo do Concello de Ferrol publicada no Boletín Oficial da Provincia da
Coruña nº 192, do 04.10.2024, coas actualización establecidas na Lei de
Orzamentos Xerais do Estado ou normativa similar de cada exercicio.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES
En canto aos requisitos están: ser funcionario de carreira do Concello de Ferrol
da Escala da Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase de
Extinción de Incendios e Salvamento, categoría de bombeiro- condutor, grupo
C, subgrupo C2, calquera que sexa a situación administrativa na que se atopen
excepto a de suspensión firme. E ter transcorrido un mínimo de dous anos
desde a toma de posesión do derradeiro posto de traballo obtido por concurso
ou desde o nomeamento como persoal funcionario de carreira da Escala da
Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase de Extinción de
Incendios e Salvamento, categoría de bombeiro- condutor, grupo C, subgrupo
C2, do Concello de Ferrol.
O anuncio da convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín
Oficial do Estado. As instancias presentaranse dentro do prazo de quince días
hábiles contados a partir do seguinte da publicación do anuncio da
convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Publica o teu comentario agora