Cooperar facendo ioga

Cooperar facendo ioga
15 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tres modalidades diferentes de ioga poderán practicar as persoas que se apunten a unha mañá de Ioga solidario da que informou en Radio Fene Silvia Rivas, da asociación Sabana Atlántica. 

ESCOITA O PODCAST:

“O obxectivo é que leves algo bo para ti, para o teu corpo e a túa mente, ao mesmo tempo que fas algo bo para outra comunidade”. Con esa idea planean a xornada de Ioga solidario que se celebra en Fene pero está aberta a calquera persoa que desexe participar. 

A Concellería de Deportes de Fene colabora coa asociación solidaria Sabana Atlántica na organización das sesións de ioga solidario coas que se recadarán fondos para a recuperación de pozos de auga en Mozambique. Cinco monitores dirixirán as sesións de ioga previstas para o domingo día 31, no pavillón da Xunqueira, a partir da dez da mañá. Poden participar persoas de todas as idades e non é preciso ter experiencia na práctica de ioga. A entrada custa dez euros. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora