A cooperativa de transportes Vieiro podería disolverse hoxe

A cooperativa de transportes Vieiro podería disolverse hoxe

29 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta tarde celébrase unha asemblea de socios en cuxa orde do día figura unha propsta de liquidación. O directivo de Vieiro, José Antón, sinalou que a multinacional Arriva ten denunciado a varias empresas da comarca. No caso do servizo aos institutos de Barallobre, o Vieiro sae máis económico que o transporte da multinacional. Segundo salientan desde a directiva, Vieiro ten un servizo legal dende hai 35 anos.

Unha denuncia da multinacional Arriva motivou a primeira inspección e proposta de sanción por parte da Xunta de Galicia. Indican que Vieiro non ten autorización para realizar o transporte escolar aos Institutos de Barallobre. Unha persoa do goberno autónomo indicou que poderían funcionar mediante un contrato coa ANPA do Instituto. Formalizaron ese documento, pero o pasado mércores o autobús recibiu unha nova inspección e proposta de sanción. Diante desa situación, o Vieiro deixou de facer o servizo ao instituto e convocou a asamblea para esta tarde.

A cooperativa Vieiro fundouse no ano 1975. Adquiriu a fórmula xurídica dunha cooperativa de consumo, pero unicamente funcionou a súa sección de transporte. O obxectivo era levar ás mulleres á compra a Ferrol e os nenos aos colexios e institutos, dada a carencia dun servizo de transporte regular entre San Valentín e outros puntos da comarca. Chegou a contar con 300 asociados, e na actualidade insisten en que unicamente transportan aos seus membros. A cooperativa conta cun autobús e un microbus, as obrigatorias tarxetas de transporte e uns estatutos que fixan un radio de acción por toda a comarca de Ferrol.

Sociedade