A Copa da ría xuvenil xógase en Maniños

A Copa da ría xuvenil xógase en Maniños

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A final da Copa comarcal da ría categoria xuvenil xogaráse o sábado 16 en Maniños. Segundo nos comunican desde o club do Pote, a federación púxose en contacto coa entidade solicitando a cesión do campo, ao que accedeu a Cultural sen nengún tipo de problema. Xa que  logo, Numancia de Ares e Galicia de Caranza enfrontaránse no campo do Pote o vindeiro sábado dia 16 ás 7 da tarde.

A entrada será libre, segundo indican desde a entidade de Maniños. O domingo 17 comezará a disputarse a Copa da Ría entre os equipos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica. Xóganse as primeiras eliminatorias a partido único no campo do equipo peor clasificado na Liga. 

Deportes