As coplas do Comandante Moreno

As coplas do Comandante Moreno
02 de Agosto, 2024 - 12:30 h. | Publicada por Radio Lugo

Memoria oral na Fonsagrada. As coplas do Comandante Moreno. Titulase así unha exposición que o sábado tres de agosto inaugurase na Fonsagrada. Impulsa a iniciativa a profesora da Universidade de Oviedo Noelia Bueno. A semana pasada aínda recolleron unha estrofa nova da balada do Comandante Moreno. Para a exposición, Noelia Bueno realizou arredor de trinta entrevistas. Nos actos de mañá participará o investigador de Ferrol Eliseo Fernandez. A profesora logrou identificar ao autor da balada, Daniel de Reboiro de Ferreirós. 

ESCOITA O PODCAST:

A profesora da Universidade de Oviedo Noelia Bueno fala da exposición sobre a memoria oral na Fonsagrada:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/020824BUENO.mp3

Eliseo Fernández en Radio Fene

Percorrido pola memoria oral mantida pola cidadanía da Fonsagrada arredor do asasinato de 16 membros do Batallón Galicia acaecido en 1937 no alto do Acevo. A exposición inaugurase mañá sábado tres de agosto na Casa da Cultura da Fonsagrada. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora