Corais e Rondallas en Fene

Corais e Rondallas en Fene
17 de Outubro, 2026 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

Festival de Corais e Rondallas no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. O vicepresidente da entidade, Xosé Manuel Romero, presentou o acto cultural en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

Música para conmemorar o vixésimo cuarto aniversario da Rondalla Estrelecer. O Festival de Corais e Rondallas terá lugar o sábado, día 24, no CMI Unidade de Fene. Coa Rondalla Estrelecer, que dirixe Javier Amado, como anfitrioa. Actuarán como convidades a Rondalla de Cariño e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro. Aberto a todas as persoas afeccionadas á musica. As actuacións comezarán ás oito da tarde.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora