Corcubión presidirá ás Emisoras Municipais Galegas

Corcubión presidirá ás Emisoras Municipais Galegas
27 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Neria

O alcalde de Corcubión Xabier Dominguez Traba presidirá a asociación de Emisoras Municipais Galegas, segundo acordou a asemblea da entidade reunida onte martes en Santiago de Compostela. Acompañarán ao primeiro mandatario da Costa da Morte, na Comisión Permanente de EMUGA, como vicepresidente Pablo García (Radio Estrada), secretario Henrique Sanfiz (Radio Fene) e os vocais Armando Cascón (Radio Arzúa) Antonio Casais (Radio Neria) e Jose Angel Font (Radio Tui) 

Comisión Permanente de EMUGA

EMUGA acordou reforzar as tarefas de colaboración, intensificando as sinerxias entre as diferentes radios locais. “Na pandemia do coronavirus viuse o importante papel da comunicación de proximidade e agora queremos reforzar ese labor de servizo público atendendo tamén ao auxe dos pódcasts entre a poboación máis nova” afirmaron as persoas asistentes á asemblea. Outro dos asuntos tratados, referiuse a continuar propiciando unha reflexión sobre os efectos locais do quecemento global.

 

Imaxe da Comisión Permanente de EMUGA

Institucional

Publica o teu comentario agora