ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Fora das portas deste salón, todos somos veciños e amigos" indicou esta mañá o voceiro do Partido Popular de Fene Gumersindo Galego. Nun clima de cordialidade transcorreu a sesión que comezou ás dez en punto desta mañá. A Corporación de Fene tomou en consideración nunha sesión que se prolongou só por quince minutos, o escrito de renuncia do alcalde Juventino Trigo.
Tamén interveu a concelleira do PP Rocio Bértoa quen lle desexou unha boa xubilación a Trigo, indicando que espera que o goberno central non estropee o retiro con algunha medida. Tanto Joaquin Ayala do PSOE, Mari Carmen Martinez de Esquerda Unida como Sandra Permui do BNG realizaron emocionadas intervencións de agradecemento a Juventino. As dez e cuarto da mañá a alcaldesa accidental Sandra Permui deu por finalizada a sesión.
Juventino Trigo anunciou a semana pasada a súa decisión de renunciar ao posto de alcalde e concelleiro de Fene. Indicou que non se vai presentar ás vindeiras eleccións municipais e prefire realizar un relevo ordenado. Confirmou que a candidata do BNG para a alcaldia será Alejandra Permui Meizoso. O BNG conta con 7 concelleiros, 1 de Esquerda Unida, 6 do PP e 3 do PSOE. Salvo un improbable acordo entre o PP e o PSOE, o pleno escollerá á concelleira do BNG. A sesión convocouse para as 18 horas do venres 16 de maio.
Na imaxe o xa ex-alcalde Juventino Trigo (BNG) saudando á concelleira do PP Rocío Bértoa, baixo a mirada de Gumersindo Galego (Partido Popular)
Publica o teu comentario agora