ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O pasado domingo 15 de marzo, o Concello de Touro acolleu a 5ª e última xornada da Liga Galicia Rías Altas. A Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra destacou cunha gran expedición de 40 judocas, dende categoría benxamín ata cadete, acadando excelentes resultados.

O club sumou un total de 24 medallas: 7 ouros (Sofía Díaz, Nicol Carro, José Luis García, Alba Bollo, Xabier Allegue, Amelia Tenreiro e Xoel Siso), 9 pratas e 8 bronces. O equipo estivo apoiado polos adestradores Alberto López “Pitu”, Armando e Alex Castro. Pola organización, Alberto Castro. Esta cita serve de impulso para o vindeiro Campionato Galego Infantil e Cadete, que se celebrará en Marín o 28 de marzo.
Na imaxe Amelia Tenreiro e Iria Martinez, ouro e prata na categoría cadete
Publica o teu comentario agora