Corpo e mente confinados

Corpo e mente confinados
18 de Marzo, 2020 - 05:55 h. | Publicada por Radio Fene

Recomendacións físicas e psicolóxicas mentres dure a alerta e o confinamento domiciliario. É o tema do espazo Vilanova que dirixe José Barcia para Radiofusión. Os psicólogos dan pautas para afrontar a crise do coronavirus. 

ESCOITA O PODCAST:

O confinamento nos domicilios pode afectarnos desde o punto de vista físico e psicolóxico. Temos menos actividade ao non poder movernos con normalidade. Se non se coida a alimentación pode aumentarse de peso. O psicólogo José Barcia indica que precisamos limitar a cantidade de calorias inxeridas. O brote da enfermidade COVID 19 pode ser estresante para as persoas. O medo e a ansiedade por unha enfermidade poden ser abafantes e provocar fortes emocións en adultas e nenas. O coidado da saúde mental é un factor esencial para o benestar da poboación. A nivel psicolóxico notaremos nos vindeiros dias os efectos do confinamento. As persoas que viven soas poden sentir de xeito máis agudo a soedade. Os que conviven con familiares quizais noten máis roces e discusións. É necesario manter o coidado persoal, o aseo e o vestido. Tamén programar tempo para adicar á lectura ou á escritura.

Consellos para lidiar coa incertidume persoal e laboral. Psicólogos dan pautas para afrontar a crise do coronavirus. Orientacións psicolóxicas contra o estrés e a ansiedade.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora