Corpo e mente en forma

Corpo e mente en forma
02 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Beneficios da actividade física regular. Axuda a previr as demencias, ata un 20 por cento segundo unha investigación da Sociedade de Alzheimer do Reino Unido que comentamos en Radio Fene co psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli. 

ESCOITA O PODCAST:

Exercicio aeróbico, como andar en bici ou nadar, a ritmo moderado, e traballo de forza adecuado ás condicións físicas de cada quen, son prácticas beneficiosas. Algúns aspectos positivos, como a posibilidade de conectar con outras persoas, son inmediatos, pero os grandes cambios, para lograr beneficios a nivel cardiorrespiratorio e muscular temos que estimularnos de xeito repetido e regular máis ou menos durante un ano, destaca Barcia Tucelli.  “Mellor a diario ou case a diario”. Concentrar a práctica deportiva so na fin de semana non é boa idea, “pode ter beneficios pero incrementamos risco de ter eventos lesivos, lesións ou con sustos cardiovasculares”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora