A corporación redondelá debaterá mañá os orzamentos para este ano que superan os 21 millóns de euros

A corporación redondelá debaterá mañá os orzamentos para este ano que superan os 21 millóns de euros

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As principias partidas orzamentarias destinaranse ás obras de saneamento e humanización así como á area deportiva, que neste ano completa como actuais principais o inicio do Spa de Chapela as obras de mellora do pavillón desta parroquia e o inicio do proxecto e concurso do novo pavillón de Redondela. Ademais os orzamentos tamén contemplan unha partida de Plan Anticrise, cun orzamento de 200.000 euros dos cales entre 20.000 e 24.000 euros destinaranse, segundo apuntaba Emilio González Iglesias, a axudar aos redondeláns que máis se vexan afectados pola crise en aspectos como o pago de taxas municipais.

Máis de vinte un millóns de euros que proveñen da achega do Goberno Central,  o IBI, o imposto dos vehículos, ademais do crédito de 3 millóns de euros, así como as achegas do Fondo de Cooperación e do Plan Feder. Malia o crédito de tres millóns o concello rexistrará un  endebedamento do 54%, un dato positivo, segundo o Concelleiro de Economía, xa que o máximo de débeda ao que pode chegar un concello é do 110%.

Uns orzamentos que serán debatidos mañá na sesión plenaria que se celebrará na Casa Consistorial de Redondela e no que a Concelleira de Xuventude, Isabel Castro Piedras presentará  a súa dimisión ante a súa marcha aos Estados Unidos por cuestións laborais. Un pleno que comezará 9.30 horas da mañá, para evitar, segundo apuntaba, o Concelleiro Socialista, que un debate tan importante como o dos orzamentos, sexa interrompido polo público.

Institucional