Correa Corredoira pinta palabras

Correa Corredoira pinta palabras

04 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Libraría Carricanta de Betanzos  (Rúa José Fariña, 1 – Baixo Dereita) e Baía Edicións convídan á presentación do poemario  "Resina de poliéster", do artista plástico e escritor, Xabier Correa Corredoira. O acto será mañá venres día 5 de xullo, ás 20:00 horas. Ademais do autor, intervirá a escritora, ensaísta e dinamizadora cultural Yolanda Casta&ntilde

Breve comentario sobre a obra (do Prólogo de Lino Braxe)

Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies. É un documento, un pergameo que se manifesta como o testamento dun pensador rebelde, dividido, crebado pola paixón das súas apostas, das súas necesidades, das súas apostas necesarias.

1.ª aposta necesaria

A pintura dálle o espazo diante do mundo. A luz que o trae desde as catacumbas até a superficie de Roma.

2.ª aposta necesaria

O idioma, ese galego tan seu, é o que o converte nun culto sabio aldeán irredutible, apertado a un fresco de Miquelangelo Buonarroti.

3.ª aposta necesaria

O seu amor polos outros pintores, polos outros poetas, transfórmano nun pintor que escribe e nun poeta que pinta. Isto é, nun artista que é quen de ollar o mundo desde a atalaia da admiración polo alleo e polo propio.

4.ª aposta necesaria

O seu alarido por esta civilización enferma, lévao a contemplar e denunciar un tempo delirado. Esa España á que lle pesa a cruz mentres o destino de África lle dispara a indignación. Os voitres da política, as torres do diñeiro, van criando unha ruína colectiva que o asfixia e que o invita a unha danza macabra. A danza das guerras e das mortes de inocentes que dilatan o seu corazón.

Sociedade