ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A asociación Por+vida de Fene volveu participar un ano máis na Carreira da Muller de A Coruña celebrada este domingo 28 de setembro de 2025. Nesta edición foron 126 mulleres inscritas para participar coa asociación nesta carreira lúdico-deportiva onde o importante é o espíritu deportivo e ter unha experiencia amena, apoiando a práctica de actividade física en colectivo.

Tamén houbo recompensa con 2 premios acadados: 1º premio á asociación máis numerosa (máis participantes que pasaron a liña de meta) e o 2º premio á asociación con mellor tempo de chegada.
Por+Vida leva participando dende o ano 2013, ano de comezo da mesma en Galicia e agás pola pandemia no 2020 e a decisión de non participar no ano 2021 (por considerar prematuro ir todavía estando coa pandemia do covid), sempre acudiron a esta cita lúdico-deportiva, cumprindo unha das máximas da asociación de concienciar coa actividade física adaptada ás características da persoa e tamén socializar e pasalo ben.
As mulleres que veñen á carreira con POR+VIDA son do concello de Fene e tamén dos outros concellos da comarca: Ares, Ferrol e Narón
Neste tempo Por+Vida acadou premios, como o deste ano que se suman as experiencias anteriores.
O percorrido era de 6,3 km saíndo dende a avenida de Bos Aires coa praza Portugal, polo paseo marítimo ata a Glorieta da Torre de Hércules e volta cara a meta polas mesmas rúas. A saída foi ás 10 horas. Posteriormente houbo actividades deportivas colectivas e vsiita aos stands das emrpesas que patrozinaban dito evento.
Pódese participar a partir dos 8 anos.
Dito evento tamén se celebra noutras cidades do estado: Gran Canaria, Valencia, Madrid, Vitoria, Xixón, Sevilla, Zaragoza e Barcelona (por orde de celebración, a de A Coruña é a sexta en facerse).
Publica o teu comentario agora