ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Horas e horas correndo polo monte pasan deportistas como o fenés Miguel Portal Losada. Gañou dúas carreiras de montaña este mes e prepara xa outra para outubro. De como adestra e os retos do trail running falou en Radio Fene.

Logo de gañar en setembro o Trail Capela de San Vitorio na Pobra do Brollón, na modalidade longa, e tamén o Trail Costa Ártabra, onde ademais superou a súa marca, Miguel Portal ten previsto competir nunha das probas máis importantes de Galicia. O domingo 11 de outubro correrá por entre os viñedos da Ribeira Sacra ourensá. Participará no X Trail Ribeira Sacra que organiza o Concello de Nogueira de Ramuín. “Unha proba moi bonita, pásase polos viñedos, polo mosteiro de San Estevo, chegamos moitas veces ao lado do río, é unha proba que ten un nivel bastante alto, sei que haberá corredores moi top”.
O reto da montaña
Correndo en solitario moito tempo, subindo e baixando costas de gran desnivel dá tempo a mirar a paisaxe ou os monumentos? “nas largas algo vas vendo e o entorno axuda”, responde Miguel.
Distancia, altitude e o estado do terreo son tres aspectos decisivos nas carreiras de montaña. Este deporte ten un compoñente de forza pero tamén de aventura, porque o terreo é cambiante, “pode estar enlamado ou con pedras e raíces…e iso dálle certa emoción e incerteza”.
Subir e baixar
Tamén lle preguntamos se é máis difícil subir ou baixar. “Cada un ten as súas preferencias, eu móvome nas dúas facetas, ao subir fáltalle o alento a todo o mundo, para baixar hai que estar forte muscularmente, correndo hai que frear”.
A falta de grandes montañas como as dos Ancares ou O Courel, Miguel Portal adestra correndo pola ruta Ártabra, o Marraxón, as Fragas do Eume ou Breamo.
Publica o teu comentario agora