Correos saca un selo coa violonchelista de Fene

Correos saca un selo coa violonchelista de Fene
28 de Outubro, 2024 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

Correos vai editar un selo coa Violonchelista de Fene. Trátase dun novo recoñecemento ao Perla mural fest, iniciativa de arte urbano. Emitirase a vindeira semana, o martes cinco de novembro. Poñeranse á venda un total de oitenta mil exemplares, coa imaxe do edificio da rúa da Fraga. Levará o texto de “Homenaxe a violonchelista de Fene por Sfhir. Será un selo de cincuenta e dous por setenta e catro milímetros. Venderanse ao prezo de 4,60 euros. O mesmo dia Correos poñerá á venda un selo conmemorativo do centenario da autorización da radio en España. 

Fotografia Xan Xe

O mural da Violonchelista de Fene foi realizado por Sfhir dentro do Perla mural fest, iniciativa de arte urbano para lembrar a sala Perla de Perlío. Logrou a denominación de mellor mural do mundo en 2023 na plataforma https://streetartcities.com/

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora