Corrimos como salvaxes

Corrimos como salvaxes
15 de Xuño, 2026 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

 O Canido logrou o ascenso á Segunda Futgal despois de vencer por 2-0 ao Maniños B no partido decisivo do play-off. Os goles de Martín, no minuto 43, e de Diego, no minuto 53, decidiron o encontro a prol dos ferroláns. O filial do Maniños non puido culminar o seu soño nun partido onde se viu superado polo rival. "Corrimos como salvaxes pero non creamos ocasións" recoñece o adestrador do equipo do Pote Alvaro Dopico "Chiqui".

ESCOITA O PODCAST:

Preme aquí para escoitar a conversa co míster do Maniños B:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/150626DOPICO.mp3

Fotografía Xan Xe

O Maniños B disputará a próxima tempada na Terceira Futgal, categoría na que se anuncia a participación dun novo clube, o Ortigueira.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora