Corte de tráfico para demandar melloras no CEIP Manuel Masdías

Corte de tráfico para demandar melloras no CEIP Manuel Masdías

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Continuarán movilizándose ata que vexan aos obreiros traballando no seu centro. A presidenta da Anpa do colexio Manuel Masdías de Ferrol, Mercedes Tobío, asegura que están dispostos a levar aos seus pequenos a xogar ao Concello se fai falla, con tal de conseguir unha resposta ás súas reivindicacións, demandas que onte levaron á rúa.

“Pavillón destrozado, periga o alumnado”. Esta foi unha das consignas que onte á tarde berraron un grupo de nais e pais de alumnos do colexio Manuel Masdías de Ferrol.  Concentrados na rotonda da Avenida Castelao, fronte ao conservatorio de música, durante dez minutos cortaron o tráfico para reivindicar a instalación dun parque infantil no centro e o amaño dos desperfectos causados polo ciclón Klaus no pavillón. A presidenta da Anpa denunciou que, dende aquela, os alumnos deste centro de Caranza non poden saír ao recreo nin facer actividades extraescolares.Tamén asegurou que dende o Concello se está a negar o problema e criticou que os responsables municipais se esqueceran de moitas das promesas contraídas co centro.

Recollida de sinaturas ou envío masivo de peticións ao Alcalde, a través da paxina web do Concello. Son algunhas das iniciativas que está a levar adiante a Anpa do colexio Manuel Masdías.  E non pararán, segundo Mercedes Tobío, ata que vexan que as obras comezan no centro.

Sociedade