Cortizo conmina a Feijóo a pronunciarse sobre o Alcalde de Baltar

Cortizo conmina a Feijóo a pronunciarse sobre o Alcalde de Baltar

29 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O delegado do Goberno, Miguel Cortizo, relaxou nesta xornada o perfil institucional do seu cargo e animouse a entrar na refrega política. Poñéndose na pel do presidente da Xunta, asegurou que, de ser tamén o máximo responsable do PPdeG, preocuparíase de verificar as denuncias formuladas contra o alcalde da localidade ourensá de Baltar, José Antonio Feijóo, ao que o PSdeG acusa de ameazar e coaccionar aos candidatos social

Quen xa se manifestou, tal e como llo requiría onte o Partido Socialista, foi o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán. Fíxoo para reprobar as mensaxes anónimas e ameazantes contra a candidata do PsdeG á Alcaldía no municipio de Covelo, Rebeca Costas. O tamén titular da Deputación condenou ese tipo de ataques a un representante público, pero tentou desmarcalos da loita partidaria, afirmando que hai cargos do seu partido noutros puntos da provincia que tamén padeceron mensaxes ameazantes e non por iso aludiron a grupos opositores. Louzán coida que os socialistas tentan implicar ao PP nesas cuestións como último recurso perante a perspectiva dun mal resultado electoral nos comicios locais. 

Institucional