A Coruña estuda recuperar a xestión pública da ORA

A Coruña estuda recuperar a xestión pública da ORA

18 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O alcalde, Xulio Ferreiro, defendeu  a iniciativa do Goberno local coruñés para recuperar a xestión pública da ORA, sobre a que solicitou un informe, e asegurou que esta decisión “vai redundar nunha maior calidade do servizo”. Segundo Ferreiro, só haberá que indemnizar á empresa adxudicataria do recente concurso convocado polos gastos que efectuou para participar. A ORA foi un servizo xestionado na Coruña por Vendex, a emp

O contrato que rexía os servizos da ORA e do guindastre obrigaba ao Concello da Coruña a facer fronte ás perdas da empresa concesionaria. Finalizou no pasado mes de maio e o goberno de Negreira iniciou o proceso para unha nova adxudicación. Nove empresas presentáronse ao concurso que se dividiu en dous. A ORa saiu a concurso por un importe de 2,3 millóns de euros. O Concello percibirá o 6% da súa recadación bruta mensual e o 10% dos ingresos anuais. Presentáronse seis ofertas. O guindastre tiña un importe de licitación de 1,4 millóns de euros e ten unha duración de catro anos. O servizo conta na actualidade con 28 traballadores.

Sociedade