A Coruña vive a pé de rúa a comicidade do Festival Manicómicos

A Coruña vive a pé de rúa a comicidade do Festival Manicómicos

03 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os máis aloucados e xeniais espectáculos do panorama internacional, nun escenario máxico e único como son as rúas da cidade da Coruña. Esta é a proposta do X Festival Internacional de Teatro Cómico Manicómicos, unha data sinalada no calendario cultural da cidade herculina. Celebrarase no Obelisco e a Praza de María Pita o sábado 7 e domingo 8 de agosto. E como o dez é un número redondo, a organización artellou

Unha ampla variedade de espectáculos pasarán polos escenarios preparados, tendo como punto común a súa grandísima calidade. O organizador do festival, Willy Éter, sinalou esta mañá en Radiofusión que pretender potenciar as artes escénicas, en especial, a comedia. Para iso ademais de xente consagrada traen artistas non tan coñecidos pero de moita calidade enriba do escenario.

O programa arrinca, este sábado ás sete da tarde no Obelisco con Hilton Hiltoff e o seu espectáculo “Radio Salmonela”. Seguiralle a actuación do arxentino Nanny Cogorno con “Lunatik”. Ás nove e media da noite verase “Humortal”, un espectáculo cando menos curioso, no que catro persoas vestidas de loito portarán un cadaleito desde o Obelisco ata a Praza de María Pita. Este último escenario acollerá ás dez e media da noite o prato forte desta primeira xornada do Manicómicos cos cataláns Atempo Circ (Cataluña), auténticos virtuosos das artes circenses.

O domingo, ás sete da tarde, na Praza de María Pita, actuarán os arxentinos Los Estrambóticos que farán as delicias do público co seu "Kataplum". Como colofón espectacular do festival deste ano, haberá unha Gran Gala, onde as compañías máis destacadas do Novo Circo Galego amosarán os seus traballos. Actuarán Pista Catro, Duelirium e os Manicómicos. A gala estará presentada por Nanny Cogorno e contará coa participación estelar do gran Pepe Viyuela, socio de honra de Manicómicos.

Sociedade